O 50 Concurso Expoosición Internacional da Camelia
de Vigo contará con 47 participantes que exhibirán os seus exemplares no
Auditorio Mar de Vigo os próximos 15, 16 e 17 de marzo. Este ano, como novidade,
prantarase unha nova variedade desta flor na avenida viguesa que leva o nome e
que o Concello ven de rexistrar baixo a denominación de "camelia olívica".
O Auditorio Mar de Vigo acollerá os próximos 15, 16 e 17 de
marzo o 50 aniversario do 50 Concurso Internacional da Camelia, un evento que
edición tras edición alterna a súa sede entre Vigo, Pontevedra e Vilagarcía. Tal
e como explicou o concelleiro de Parques e Xardíns, Angel Rivas, este ano
participarán 47 aspirantes procedentes da nosa cidade e doutros moitos puntos de
toda Galicia. Unha das novidades deste certame será a plantación na avenida
viguesa que leva o nome desta flor dun exemplar da camelia "cidade de Vigo, así
como a dunha nova variedade que ven de rexistrar o Concello e que levará o nome
de "olívica". Deste xeito, explicou, "conseguiremos ter un lugar referenciado
para os camelios que dan nome a esta cidade". Esta actuación enmárcase,
asimesmo, nunha serie de plantacións que se están realizando no Castro e
Castrelos con distintas especies de camelias, que representan a distintos países
orixinarios desta flor.
A superficie expositiva no Auditorio Mar de Vigo
será de 300 metros cadrados e haberá 11 categorías: camelia de ouro; camelia
reticulada de cualquera color ou variedade; camelia japónica blanca; japónica
rosada u outros cores; japónica vermella; japónica jaspeada; outras especies de
camelia; mellor presentación artística; premio especial Antonio Odriozola; e
premio especial da Sociedade Española da Camelia. Rivas explicou que haberá 21
premios en distintas categorías e todos os participantes recibirán un diploma e
un camelio conmemorativo.
Durante estes tres días, organizaránse
actividades paralelas para complementar el desenvolvemento deste concurso
exposición. Haberá concursos de escaparates para fomentar o comercio e coa
temática da camelia; danza acrobática; actuacións musicais; exposicións
fotográficas de consursos-exposicións diferentes. Ao mesmo tempo, organízase o
7º encontro de palilleiras con máis de 500 artesanas que farán unha demostración
do seu traballo.
Pola súa banda, o segundo tenente de alcalde, Carlos
López Font, explicou que Vigo é un referente da camelia con máis de 9
quilómetros de camelios nas súas rúas. Tamén destacou a presencia do Matusalen
das Camelias nun dos nosos xardíns históricos
Xornal de Galicia Noticias news actualidad y la información de Galicia, La Coruña.Lugo, Ourense, P :: La actualidad desde la primera hasta la última noticia en el Xornal de Galicia la nueva información
miércoles, 12 de marzo de 2014
47 aspirantes competirán no Concurso Internacional da Camelia que cumple 50 anos
Etiquetas:
A Coruña,
África-Asia,
Alava,
Albacete,
Alicante,
Almería,
América,
Asturias,
Aula-Experiencia,
Chiringuitos,
Corrupción,
Diversidad,
Energías,
Eurocultura,
Farándula,
Jurídico,
Lenguas,
Mundo Celta,
Salud,
Universidades
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario